Derrotas de Rasoeiro e Agnusdei que lles complican a vida

balonman250_270109.jpgSALNÉS> Ó contrario do que sucedera a pasada semana, Rasoeiro e Albariño Agnusdei caeron nos seus respectivos compromisos. O grovenses fixérono na casa ante o Guardés nun partido moi igualado mentres que os meañeses perderon amplamente no Rosal.

O Rasoeiro non puido colleitar a súa terceira victoria na fase de permanencia e caeu en Monte da Vila por 26-28 diante do Guardés.

Un encontro que foi igualado de comezo a fin pero que o final leváronse os visitantes polo seu maior acerto nos últimos minutos. Na primeira metade ben é certo que o Guardés impuxo o seu ritmo e levou a iniciativa no marcador. Os grovenses buscaron frear os ataques do seu rival a través diferentes cambios no seu sistema defensivo e pouco a pouco igualaron o choque ata o 13-14 co que se chegou ó descanso.

Na segunda metade sí que as vantaxes foron mínimas para uns e outros aínda que o Guardés sempre pareceu estar máis cómods sobre a pista de Monte da Vila ante un Rasoeiro que xogaba a tiróns. Nos últimos cinco minutos entrouse con empate (22-22) no marcador, e o acerto visitante decantou a balanza do seu lado. Pese a derrota o cadro de Jaime García continúa nunha zona tranquila na tóboa, con catro puntos sumados de seis posibles.

Peor imaxe deixou o Albariño Agnusdei na súa visita á cancha do Atlético Novás onde caeu por 17 goles de diferencia. O conxunto do Rosal, a sabendas da importancia do partido para manter a categoría, decidíu introducir a tres xogadores do seu equipo de nacional para gañar calidade; iso notouse e moito. Pouco aguantaron as defensas plantexadas por Touza xa que ó descanso a diferencia xa era de oito goles, co 19-11 que reflectía o electrónico.

No segundo tempo, as diferencias foron aumentando ata o 38-21 final que deixa ós meañeses nunha zona comprometida, terceiros pola cola cunha única victoria en tres partidos.

Redacción Salnés