A CPTOPT daralle solución ós problemas causados polas obras da autovía

    BARBANZA > O delegado provincial da Consellería de Política Territorial confirma que as obras da autovía marchan a bo ritmo.

    Á xuntanza mantida no concello boirés co delegado provincial da Consellería de Política Territorial asistiron os alcaldes de Ribeira, Pobra do Caramiñal e Boiro, así como tamén a tenente de alcalde de Rianxo, Marisa Resúa, e o concelleiro de Urbanismo de Dodro, Xosé Luís Fernández. A maioría dos problemas abordados na reunión xa foron tratados en xuntanzas anteriores, referidas a pasos superiores e accesos a diferentes zonas, polos distintos concellos polo que discorrerá a futura autovía do Barbanza.O delegado referiuse a que tanto a Consellería como a empresa Sacyr, adxudicataria das obras, están a estuda-las posibles solucións ós problemas plantexados polos distintos concellos. É o caso dos problemas de accesibilidade existentes na zona de Monte Dorna en Rianxo, Manselle en Dodro ou o Freixo na Pobra do Caramiñal.Durante a reunión o delegado tamén lle expuxo ós representantes dos concellos barbanzáns tódalas accións que está a desenvolve-la Consellería de cara a mellora-la circulación pola antiga estrada AC-305 mentres se desenvolven as obras de cnstrución da autovía.

    Cumprimento dos prazos

    A marcha das obras vai a bo ritmo, polo que con toda probabilidade se cumpriran os prazos dados nun principio. Así está previsto que no vindeiro mes de marzo se abra ó tráfico o primeiro tramo desta estrada entre Padrón e Rianxo.

    A próxima xuntanza para analiza-la marcha dos traballos e tratar de soluciona-los problemas que vaian xurdindo está prevista para o mes de febreiro.

    Redacción Barbanza