Máis de 900 participantes no Master de natación

natacion250vid_230108_001.jpgPONTEVEDRA > O Complexo Deportivo Rías do Sur, en Pontevedra, acolleu esta mañá a presentación do Campionato de España Master de Natación. A competición, organizada polo Club Galaico Sercoysa, reunirá esta fin de semana a máis de 900 nadadores de toda a península.

De novo o Galaico Sercoysa foi elexido coma organizador dun importante evento de natación, desta volta o Campionato de España Master, para maiores de 25 anos.

{flowplayer}images/salnes/natacion_230108.flv{/flowplayer}

É destacable non só polo aspecto deportivo, senón tamén o turístico e gastronómico. E é que este non é un campionato profesional; moitos utilizan a proba coma escusa para gozar duns días diferentes. Eso si, garantízase a competitividade xa que están en xogo as prazas que darán acceso ó Campionato do Mundo Master que se celebrará o vindeiro mes de abril en Australia, concretamente na cidade de Perth.

Inscribíronse ata 936 participantes pertencentes a 121 clubs de toda España e Portugal. As probas darán comezo o venres e prolongaranse ata o domingo, día das finais.

Entre os participantes, resalta-la presencia de dous nonaxenarios; un vigúes de 92 anos e unha nadadora de Mallorca que conta 94 primaveras. O sábado ás 12:30 pararase a competición para darlle-la súa merecida homenaxe.

Na presentación desta mañá estiveron presentes María Xesús López, Delegada provincial da Consellería de cultura e deporte, o deputado provincial de deportes, Enrique Sotelo, o presidente da Fundación Rías do Sur, José Ramón Meiriño, a alcadesa en funcións de Pontevedra Teresa Casal e o Presidente do club Galaico Sercoysa, Héctor Vilariño.

O espectáculo dará comezo o venres ás 10:00 nun Complexo Deportivo Rías do Sur que promete encherse para a ocasión.

Redacción Salnés