PONTEVEDRA > A Deputación de Pontevedra implicará no seu Pacto Local polo Emprego a 19 entidades públicas e privadas da provincia. O organismo provincial, presentará varias propostas …
… ás axudas do Fondo Social Europeo para a posta en marcha de proxectos centrados na inserción sociolaboral de persoas desempregadas da provincia con especiais dificultades para a integración no mercado laboral.
Este pacto integrará ás 19 entidades locais e axentes económicos e sociais máis representativos do territorio provincial. Tendo en conta a demarcación comarcal da provincia de Pontevedra mantívose contacto con diversas entidades locais comarcais: a Mancomunidade Intermunicipal dos Vales do Ulla – Umia, a Mancomunidade do Salnés, a Asociación de Desenvolvemento Rural Proder II da Comarca de Pontevedra, a Mancomunidade Terras do Deza, a Fundación para o Desenvolvemento da Comarca de Tabeirós – Terra de Montes, a Fundación para o Desenvolvemento da Comarca do Morrazo, a Mancomunidade do Área Intermunicipal de Vigo, a Mancomunidade do Val Miñor, a Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño, o Grupo de Acción Local Condado – Paradanta e a Fundación Comarcal da Paradanta, conseguíndose a implicación de todas.
No referente aos axentes económicos e sociais conseguiuse a participación de Cruz Vermella Española, Cogami, Cáritas Diocesana de Tui – Vigo, Comisións Obreiras, UXT, Asociación de Mulleres Empresarias de Pontevedra, Asociación de Xóvenes Empresarios e Confederación de Empresarios de Pontevedra.
OBXECTIVOS
Todas elas teñen entre os seus obxectivos promover o acceso ao emprego de persoas desfavorecidas e a implantación de medidas que favorecen a creación de emprego, contribuíndo ao desenvolvemento económico sostible, levando a cabo o seu traballo a nivel provincial.
Un dos obxectivos que se plantexan a través da concertación territorial do Pacto Local polo Emprego é a elaboración do estudo-diagnóstico sobre os recursos existentes en servizos de atención a persoas na provincia de Pontevedra, para poder implantar en cada unha das comarcas as medidas necesarias. Coa elaboración deste Pacto Local polo Emprego, a Deputación Provincial de Pontevedra pretende ser un referente a nivel provincial no sector de servizos de atención a persoas, fomentando a inserción laboral das persoas desempregadas con maiores dificultades de integración no mercado de traballo.
A través da nova convocatoria do Ministerio de Administracións Públicas para a concesión das axudas do Fondo Social Europeo durante o período de intervención 2007-2013, o organismo provincial pretende impulsar o proxecto Aquelando 2, que ten como obxectivo continuar o traballo realizado no Proxecto Aquelando.
Redacción Salnés