Piden quince anos de cadea para un poiés por malos tratos

    xuizomalostratossanxenxo copia.jpg PONTEVEDRA> Durante a celebración do xuízo oral, tanto vítima como presundo agresor negaron a acusación.

    {flowplayer}images/salnes/XUIZO_MALOS_TRATOS_POIO.flv{/flowplayer}

    A Audiencia Provincial de Pontevedra acolleu o xuízo por malos tratos contra un veciño de Poio, Alberto Marín Montoya. A víctima, Yolanda Hernández, quen xa retirara a denuncia e mesmo solicitou o arquivo da causa, negou o maltrato e dixo que todo o inventara baixo presión da súa familia, quen nunca aceptou a relación que mantén co acusado. No escrito da acusación, neste caso exercida unicamente polo Ministerio Fiscal, relátase que os malos tratos comezaron a partir do nacemento do fillo maior. A primeira denuncia data de 2004 e foi arquivada por retractarse a víctima. A Fiscalía fala de golpes cun cinto e cunha corda, que chegou a atala con cadeas, e que non lle deixaba comunicarse coa súa familia. Agresións que se producían en ocasións en presencia dos dous fillos da parella. O acusado negou en todo momento os malos tratos.

    No xuízo declararon dous axentes da Garda Civil, que participaron en 2009 na detención de Alberto Marín. Un deles relatou que ó chegar á vivenda da parella, en Poio, se atoparon á muller tirada no chan con sangue nos beizos. Dixo incluso que lembraba perfectamente a cara de terror da vítima. A Fiscalía botou man da testemuña das psicólogas e forense que atenderon a Yolanda trala última denuncia. En canto ás cicatrices que presentaba a vítima en varias partes do corpo, a forense indicou que se correspondían coas agresións que lles relatou entón, non así con lesións por accidentes que agora indican tanto Yolanda como Alberto. As psicólogas indicaron que a vítima presentaba un cadro de ansiedade, depresión, medo, rememoración de feitos pasados e problemas para relacionarse. Sinalaron que Yolanda lles dixo que o seu entorno familiar a estaba a apoiar, sobre todo a súa irmá. Non así coa familia do acusado, da que dixo que sabía o que pasaba e que lles tiña medo- As psicólogas consideran realista e crible o que lles contou Yolanda dos malos tratos.

    En canto a que logo se retractara e retirara a denuncia, indicaron que é moi propio destes casos de violencia de xénero. Tamén avaliaron ó acusado e dixeron que non viran nel ningunha patoloxía psiquiátrica, só que estaba triste por estar no cárcere. O que si viron foi risco de que cometera novas agresións. Na vista oral testificaron dúas irmás de Alberto Marín que dixeron que non lles constaba que houbera malos tratos na parella e tamén o pastor da igrexa evanxelista que frecuenta a familia, que sinalou que nunca os viu discutir.

    O xuízo quedou visto para sentencia. A Fiscal rebaixou as penas de 20 a case 15 anos de cárcere d impútalle a Alberto Marín Montoya os cargos de maltrato habitual, detención ilegal, delicto contra a integridade moral, maltrato, ameazas e un delito de lesións.

    Redacción Salnés