Comezan os carnavais mecos co xoves de Compadres

    compadres_copia.jpgO GROVE > O xoves de Compadres deu comezo onte á noite en O Grove ó entroido meco, un dos máis rechamantes da comarca do Salnés.

    {flowplayer}images/salnes/vcompadres.flv{/flowplayer}

    O GROVE > O xoves de Compadres deu comezo onte á noite en O Grove ó entroido meco, un dos máis rechamantes da comarca do Salnés. Varios homes do concello botaron man dos seus mellores disfraces e gozaron dunha noite festa, que se prolongou ata longas horas da noite. A noite de troula comezou onte cunha clandestina concentración dos compadres diante da praza do concello. Logo, veu a tradicional cea na casa campaña. Nela non faltaron os produtos típicos do entroido coma as orellas ou filloas, nin tampouco a música, a diversión e a sorna.

    Os homes mecos deron deste xeito a benvida o carnaval do concello, un dos máis populares da comarca. E na festa tamén vimos onte a algún que outro político. Supoñemos que os compadres tomarían hoxe o día libre, xa que segundo parece, a festa se prolongou ata longas horas da madrugada. E ademais, moitos deles quedaron roncos e cansos de tanto cantar e bailar.

    Para o vindeiro xoves, será a quenda das mulleres, que cun ritual moi similar o de onte á noite, celebrarán a noite das comadres.

    Redacción Salnés