CAMBADOS> Os nenos e nenas de Vilariño poderán xogar máis seguros grazas á renovación do seu parque. Aínda que se manterá na mesma parcela, o concello cambiará a localización da zona de xogos para afastalo da estrada e facelo máis seguro. Os materiais todos serán trasladados e mellorados para aumentar a oferta de entretemento dos máis pequenos.
Nesta zona que ven nas imaxes irá situado o novo parque de Vilariño. A súa localización está na mesma parcela na que estaba o anterior, pero o seu cambio de lugar permitirá mellorar a seguridade dos máis pequenos. O concello toma esta medida para afastar aos nenos e nenas da estrada.
Aproveitando o cambio de localización, o concello tamén mellorará o parque para aumentar a oferta de xogos dos máis pequenos.
Tamén se mudarán de localización os aparellos para o uso dos maiores.
O concello investirá neste proxecto ao redor de 18 mil euros. A previsión é que as obras se rematen en menos dun mes.