RIBADUMIA> O alcalde de Ribadumia, David Castro, respondeu esta mañá ao comunicado de prensa que remitiu o PP de Ribadumia aos medios no que o acusaban de “facer viaxes transoceánicos sen transcendencia para os veciños e que, só serven para que o alcalde coñeza mundo e se distraía un pouco”… Castro Mougan foi rotundo na súa resposta afirmando que esas acusacións raian o ridículo e demostran a ignorancia e a visión localista de Peña.
O PP de Ribadumia remitía onte un comunicado aos medios no que criticaba a recente viaxe do alcalde de Ribadumia a México. Os populares sinalaban no seu escrito que “A falta de compromiso e iniciativas para a acción política facilita deixa moito tempo libre ao alcalde para facer viaxes transoceánicos sen transcendencia para os veciños e que, sospeitamos, só serven para que o alcalde coñeza mundo e se distraía un pouco”. Unhas declaracións que non gustaron a Castro Mougan quen esta mañá se mostrou así de taxativo en canto a esta polémica.
O propio presidente en funcións da Mancomunidade de O Salnés, Gonzalo Durán, defendeu a presenza de Castro en México como representante da entidade.
Con estas desafortunadas declaracións, o equipo de goberno do Concello de Ribadumia considera, que Salomé Peña non é merecedora de ocupar un lugar na Mancomunidade do Salnés, nin como representante do Partido Popular nin, moito menos, do Concello de Ribadumia, e sinalan son os responsables do Partido Popular comarcal os que deberían tomar cartas xa que estas actitudes que para nada axudan a facer comarca