![]()
CAMBADOS > Unha muller de nacionalidade peruana, residente en Cambados, interpuxo este sábado unha denuncia contra o seu marido,…
…por malos tratos no ámbito doméstico.
Os feitos denunciados tiveron lugar na noite do venres ó sábado entre as dúas e as tres da mañá no sexto andar deste edificio, o número 22 da rúa Celso Emilio Ferreiro, en pleno casco urbán de Cambados.
Segundo a denuncia, esta muller foi agredida polo seu conxugue, un peruano de 33 anos, cando ela se negou a servirlle a cea. Daquela, o seu home, en evidente estado de embriaguez, propinoulle unha malleira; que obrigou a muller a fuxir polas escaleiras. Un andar máis abaixo, era alcanzada polo seu marido, quen, presuntamente, a volveu a agredir.
Logo a víctima acudiu o bar que hai debaixo da súa casa, visiblemente nerviosa para pedir axuda. Pouco despois, antes das catro da mañá, interpoñía unha denuncia, acompañada dun parte de lesións; que propiciaron que a garda civil acudira a deter o seu esposo, no domicilio conxugal.
O presunto agresor quedou en liberdade con cargos ás 11.30 da mañá e volveu a casa onde sigue residindo ca súa muller e cos seus tres fillos. O día seguinte, os veciños xa viron á parella totalmente reconciliada, paseando collidos da man por Cambados.
Versión do presunto agresor
A versión do acontecido por parte do presunto agresor é substancialmente distinta. Segundo o propio protagonista, José García, a noite do venres el alugou dúas películas para ver na casa, logo de ir a cobrar,como cada semana, o seu soldo de mariñeiro.
Pasada a media noite, saíu da vivenda ca intención de ir a buscar a Dina, a súa muller, á cafetería onde traballa, pero no seu canto, quedouse tomando unhas cervexas cun amigo. De aí volveu para casa onde o agardaba a súa dona, moi anoxada polo desplante de non ir a buscala, por aparecer bébedo e tamén por algo de ciumes. Foi entón cando comezaron a discutir, pero en ningún momento houbo agresións físicas por ningunha das dúas partes.
Este mariñeiro peruano garantiu que nunca agrediu a súa muller ó longo dos seus 16 anos de matrimonio, nin lle levantou á man os seus fillos. Adiantou tamén, que está estudiando emprender accións legais contra un medio de comunicación escrita que defendeu a nova que el entende como inxuriosa. Ademais, declarou que está pensando en divorciarse da súa dona, logo deste novo escándalo inxustificado, o segundo en menos dun mes; posto que o está avergoñando diante da sociedade.
Redacción Salnés.








