Esteban Paz dimite coma técnico do Grupo Junquera

futbolsala250vid_220108_001.jpgSALNÉS > As novas que chegan dende o futbol sala non son nada boas. O Hermanos Barbeito continúa a súa caída libre mentres que o Grupo Junquera sumou a súa cuarta derrota consecutiva en Redondela, que provocou a dimisión do seu técnico Esteban Paz.

{flowplayer}images/salnes/futbolsala_290108.flv{/flowplayer} 

Moito van ter que cambiar as cousas sé é que os equipos do Salnés non queren ver como o ano que ven xogan nunha división por debaixo.

O que peor o ten é o Hermanos Barbeito, que está a día de hoxe a cinco puntos da salvación. Esta semana tocáballe xogar contra o sexto clasificado, o Puertas Deyma, e caeu por 7-2.

Fixeron unha boa primeira metade os de Rodri Méndez, que foron quen de adiantarse por dúas veces no marcador, gracias ós tantos acadados por Pibe e Chetis, pero os locais empataron antes do descanso.

Trala reanundación a balanza desnivelouse a favor do Deyma que con tres goles en cinco minutos que sentenciaban prácticamente o encontro. Rodri intentouno nos derradeiros sete minutos con porteiro-xogador, pero non funciounou. Non foron inferiores ó rival pero voltaron goleados.

Máis ou menos o que lle pasou ó Grupo Junquera en Rendondela, onde encaixou un 7-3. Tampouco xogaron mal os vilagarciáns, dispuxeron do balón e das ocasións pero tiveron erros imperdonables en defensa que lles custou o partido. Agora son cuartos pola cola e a pantasma do descenso, que hai unhas semanas semellaba unha predicción demasiado alarmista, comeza a convertirse nunha realidade.

Para comezar o adestrador vilanovés Esteban Paz non aguantou máis e presentou á súa dimisión ó club, que foi aceptada. O Grupo Junquera buscará esta semana o seu terceiro técnico do que vai de temporada.

Redacción Salnés