Expertos falan no ISM de Bamio da prevención de riscos no mar

    convencion_bamio100.jpgVILAGARCÍA> O sector marítimo pesqueiro español rexistrou en 2008 máis de tres mil accidentes, dos cales 89 foron graves e 23 mortais.

    {flowplayer}images/salnes/convencion_bamio.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> O sector marítimo pesqueiro español rexistrou en 2008 máis de tres mil accidentes, dos cales 89 foron graves e 23 mortais. Os datos ofreceunos hoxe o secretario de Estado da Seguridade Social, Octavio Granado, na reunión de expertos sobre prevención e protección social do traballo marítimo pesqueiro. Un encontro que se está a realizar no Instituto Social da Mariña, en Bamio, Vilagarcía.

    No encontro tamén participou a directora xeral de Mariña Mercante, Isabel Durántez. Ambos recoñeceron que son cifras altas pero matizaron que España é un dos países máis avanzados en materia de seguridade neste sector. A directora xeral de Mariña Mercante amosouse satisfeita coa mellora da seguridade marítimo pesqueira en Galicia. Isabel Durántez indicou que esta comunidade segue a ser unha prioridade nos plans estatais, posto que acapara case a metade da flota española.

    Sen embargo, informou que no novo plan de salvamento non se prevén investimentos para novas unidades aéreas e marítimas, posto que as que hai son novas. O último plan data de 2006 a 2009 e entre 2010 e 2018 dedicaranse os esforzos económicos na súa reposición e na mellora da colaboración coas comunidades autónomas.

    Entre onte e hoxe, os expertos na materia analizaron no ISM de Bamio os programas e actuación de loita contra os riscos que afectan ó sector marítimo pesqueiro, centrados, sobre todo, na formación dos traballadores e na prevención. O encontro está dentro da axenda do semestre da presidencia española da Unión Europea.

    O programa incluíu un exercicio práctico de salvamento a bordo do buque hospital Juan de la Cosa, que se atopa atracado no peirao do Ramal en Vilagarcía. Precisamente, o sábado o buque estará aberto a visitas para amosar o traballo que desenvolve este buque, que opera na zona do Cantábrico.

    Redacción Salnés