Laureano Oubiña xa ten as contas saldadas coa xustiza

Pontevedra> Laureano Oubiña acudiu esta mañá a Subdelegación do Goberno para asinar, coa traballadora social, a última sinatura da súa liberdade condicional. Dende hoxe xa non está a cumprir ningunha condena por narcotráfico. De volver atrás dixo esta mañá que non faría moitas cousas na súa vida e tamén anunciou que o seu segundo libro está en marcha, e que este chegará sen anestesia e con nome e apelidos de moitos grandes narcotraficantes que non pasaron na súa vida polo cárcere .

Dende hoxe Laurenao Oubiña xa pagou toda a súa débeda coa xustiza e así nolo fixo saber nesta xornada. Oubiña estivo na Subdelegación do Goberno en Pontevedra asinando a derradeira sinatura que lle quedaba pendente perante a xustiza.

Oubiña considera que un día no cárcere é tempo perdido por iso ten claro que de volver atrás non se comportaría do mesmo xeito.

Algo que deixou claro tamén Oubiña é que el legalizaría todas as drogas así non existiría o narcotráfico…

Oubiña quen por certo nos dixo esta mañá que xa ten escrito o seu novo libro…

Un libro onde di chega sen anestesias e con nome e apelidos de persoas vencelladas co narcotráfico.

Oubiña di que non cree no sistema xudicial español e ten claro que calquera inxustiza ou calumnia contra a súa persoa será levada ao Tribunal dos Dereitos Humanos en ExtraSBURGO, como por exemplo a serie Fariña da que di o único certo que se anuncia é o seu nome e apelidos, do resto, asegura, todo son mentiras.