A reforma do campo de fútbol das Canteiras permitirá un aforro enerxético dun 60%

CUNTIS> O concello de Cuntis e a Xunta de Galicia renovaron as luminarias do campo de fútbol das Canteiras. A reforma permitirá ao concello aforrar un 60% da factura do estadio. A obra contou cun orzamento de 38 mil euros.

O Concello de Cuntis, a través da axuda do fondo de compensación ambiental da Xunta de Galicia, renovou a iluminación do campo de fútbol das Canteiras. Unha obra necesaria para corrixir os problemas do alumeamento do estadio. A reforma tivo dous obxectivos: mellorar o servizo e o aforro enerxético.

A reforma era necesaria debido á gran utilidade que estadio ten para os clubs das bisbarra.

A directora xeral de administración local destacou a importancia destas actuacións para conseguir unha Galicia máis verde.

O temo de realización da obra foi dun mes e os clubs xa se ven beneficiados por esta mellora da iluminación. Tanto o alcalde como a directora xeral agarda seguir colaborando para desenvolver máis proxectos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí