CATOIRA > A empresa concesionaria das obras do Colexio Progreso de Catoira, Novolar, sae o paso das acusacións…
verquidas onte sobre o estado das actuacións no mesmo; e aclara que ditas obras xa están rematadas e entregadas ó Ministerio de Educación, promotor das mesmas; quen deu o visto bo sobre todo o realizado.
Deste xeito, Educación certificou que as obras do Colexio catoirense se axustaban ás características técnicas do proxecto, redactado polos técnicos do estado, en cada un dos seus capítulos e o orzamento do que dispoñía.
No tocante ás vallas que están ciscadas polo patio, a empresa constructora quere aclarar que non son da súa propiedade senón que pertencen ó Concello e debera ser este ente municipal quen as retirase.
E referente ó escape de gas, afirman que esta é unha cuestión allea á construcción da cociña e que respondería, en calquera caso, á empresa especializada que instalou ó sistema de abastecemento de gas. Así as cousas, a constructora asegura que ve ben que dende a APA e a dirección do centro pidan o mellor para os estudiantes deste centro, porén estas medidas ser concedidas polo departamento de educación do goberno.
Redacción Salnés.