PONTECESURES> Comezan as obras de mellora da seguridade viaria na PO 214 en Pontecesures. A intervención ten un custo de 48 e servirá para poñer un semáforo con espiras na zona e un paso elevado de peóns no tramo do camiño de Santiago. A zona é moi confluída ao coincidir a saída dos centros escolares, o tránsito de vehículos e o camiño de Santiago.
A xunta de Galicia comezou as obras de mellora da seguridade viaria na PO 214, nun tramo no que a estrada é moi confluída. A intervención terá un custo de 48 mil euros e permitirá ampliar a sinalización da zona para protexer aos peóns, así como tamén axilizar a saída dos vehículos dos centros escolares que están situados nesa zona.
Con esta intervención instalarase un semáforo con espiras o que permitirá deter o tráfico da PO 214 cando un vehículo veña da Rúa Avelino Pousa Antelo.
Ademais da intervención neste tramo, na PO 214 tamén se construirá un paso elevado de peóns no tramo do Camiño de Santiago. Con estas dúas obras mellorarase a seguridade dun dos tramos máis confluídos do concello de Pontecesures.
A obra ten un prazo de execución breve e se agarda que estea rematada en dúas semanas.