A falla de limpeza converte ó porto de Ribeira nun vertedoiro

    lixoportoribeira_100_310108.jpgRIBEIRA > A acumulación de lixo no porto de Ribeira desatou as críticas dos seus usuarios que se ven obrigados traballar en lamentables condicións.

    Xunto ós restos de caixas de madeira, plástico e outras sustancias, amontóanse residuos orgánicos e desperdicios de peixe, poñendo en dúbida as condicións hixiénicas nas que se traballa no principal porto de baixura de todo o país.

    Dende hai máis dun mes os residuos acumúlanse na explanada portuaria, dificultando o traballo para os usuarios das instalacións e ofrecendo un aspecto lamentable ás persoas que a diario transitan pola zona.

    Aínda que hoxe, os operarios de limpeza afanábanse en retirar algún dos moitos restos que se amontoaban no porto, semella que o servizo non é suficiente para dar resposta á multitude de residuos que produce diariamente a actividade portuaria.

    Nova adxudicataria

    Segundo Portos de Galicia, a situación vén motivada polo cambio de empresa adxudicataria da limpeza, que aínda se está adaptando para prestar o servizo en perfectas condicións.

    Sen embargo, os usuarios do porto coinciden en sinalar que o problema dos residuos non é novo e vense repetindo dende hai anos, aínda que nas últimas semanas agravouse.

    {flowplayer}barbanza/lixoportoribeira.flv{/flowplayer}

    Redacción Barbanza