Continúan as protestas pola substitución do doutor Allut

    RIBEIRA > Os usuarios do Centro de Saúde de Ribeira concentráronse unha semana máis ante as portas da instalación para reivindicar a volta do doutor Germán Allut, ata hai uns meses médico do centro e que actualmente consulta na Clínica de Aguiño. Os pacientes non están conformes coas explicacións recibidas dende a Consellería de Sanidade e aseguran que seguirán a manifestarse ata que volte o seu doutor.

    ‘Non queremos outro, é un diamante para nós, por iso loitamos por el, facemos manifestacións tódalas semanas e continuaremos, chegaremos a onde faga falla’. Este é un dos parágrafos incluidos na carta que a portavoz dos pacientes do doutor Allut, Isabel García, remitíu estes días ó Valedor do Pobo. Asegura que van a esgotar tódalas vías posibles ata conseguir a volta do médico e que continuarán coas mobilizacións. Os pacientes pola súa banda atópanse indignados coa situación e reclaman á administración maior comprensión.

    manifestacindoutorallut_300_070906.jpgActualmente, a praza que estaba cubrindo de xeito provisional o doutor Allut foi ocupada xa por unha nova doutora que, segundo lllles explicaron dende a Consellería de Sanidade, accedeou ó posto en base ós requisitos que esixe a normativa vixente. Un argumento que non acaba de convencer ós usuarios co dentro de saúde ribeirés.

    Para acabar con estas sospeitas, os veciños pensan concertar unha cita coa conselleira de sanidade para que lles explique polo miúdo a situación. Mañá mesmo enviarán á consellería un escrito solicitando este encontro. Isabel García asegura que todos estes trámites non son esaxerados, e ademáis saben que o doutor Germán Allut estaría satisfeito de recuperar a praza no centro de saúde ribeirés.

    Redacción Ribeira