RIBEIRA> O grupo hoteleiro Alda amplía a súa presenza no Barbanza coa apertura dun novo establecemento en Corrubedo. Hoxe tiña lugar a inauguración oficial coa presenza do director xeral de Turismo de Galicia quen destacou o auxe turístico que está a experimentar a comarca do Barbanza que cada ano incrementa o número de visitantes grazas ós seus valiosos recursos e a súa vinculación co Camiño de Santiago.
Co de Corrubedo, xa son catro os hoteis desta cadea no Barbanza. Os alcaldes de Ribeira e Boiro agradeceron a aposta do grupo pola comarca que segue a ampliar a súa oferta de aloxamento.
Na actualidade, este grupo hoteleiro é unha referencia no sector con máis dun cento de establecementos por todo o norte de España nos que destaca a calidade das instalacións e a profesionalidade de todo o persoal.











