Mar efectuou un simulacro anticontaminación en Barraña

     BOIRO>exercicio tiña coma principal finalidade comprobar a eficacia dos medios e instruir ó persoal que participou no operativo.

    {flowplayer}barbanza/simulacrocontaminacionboiro.flv{/flowplayer}

    O Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Medio Rural e do Mar, realizou na Praia de Barraña un simulacro de activación do Plan de Continxencias por Contaminación Mariña Accidental, denominado Plan CAMGAL. O exercicio, que se desenvolveu con éxito, tiña como obxectivo fundamental comprobar o grao de coñecemento das funcións e cometidos de cada un dos participantes no dito Plan, servindo ademais de base de instrución ó persoal do operativo, no emprego dos medios para a loita contra a contaminación por hidrocarburos, así como verificar a capacidade e os tempos de resposta das diferentes unidades e avaliar a eficacia dos mesmos.

    Amplo dispositivo

    Na actuación tomaron parte numerosos medios materiais e humanos do Servizo de Gardacostas, Portos de Galicia, Sasemar, Intecmar, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, da Axencia Galega de Emerxencias, así como tamén a Policía Local e Protección Civil de Boiro.

    Mancha de fuel

    O simulacro partiu dun suposto caso de contaminación consistente nunha mancha significativa de fuel de orixe descoñecida na Ría, próxima ó porto de Escarabote. A mancha dirixíase á desembocadura do río Coroño, na Praia de Barraña.

    Redacción Barbanza