O asilo Divina Pastora máis preto de entrar na rede pública de residencias

    divinapastora_100jpg.jpgVILAGARCÍA > A residencia Divina Pastora, pertencente a un padroado co presidido pola alcaldesa Dolores García e o párroco de Vilagarcía, …

    … está cada vez máis preto de figurar dentro da rede galega de residencias da terceira idade. Despois da confirmación que chegara hai uns quince días por parte da Consellería de Vicepresidencia e Igualdade sobre a súa disposición á materialización desta transferencia, o directo xeral de Acción Social, Bieito Seara, estivo está mañá na Divina Pastora para comprobar a situación das instalacións do centro e trasladarlle, en persoa, a oferta da Consellería ó padroado da residencia.

    Agora o tema pendente e poder acadar unha fórmula na que se manteñan os intereses dos traballadores do centro e tamén o dos propios residentes. Uns requisitos que Bieito Seara asegurou esta mañá se van a cumprir. Pero agora tamén terán que chegar a un acordo, entre o padroado e a Consellería, sobre cuestións coma o papel que terían logo do traspaso a comunidade relixiosa que traballa no centro, e a dirección da fundación.

    Dende a súa creación hai uns 115 anos, a Divina Pastora foi crecendo e agora é un centro que acolle a un cento de persoas da terceira idade. A residencia finánciase basicamente a través da beneficiencia e das aportacións dos membros do padroado. Con todo, uns ingresos insuficientes para o seu mantemento.

    Redacción Salnés