O experto iluminador Javier Susaeta da unha conferencia en Sanxenxo

    susaeta_100.jpgSANXENXO > O experto en luminotecnia, Javier Susaeta, ofreceu onte en Sanxenxo unha conferencia sobre a importancia da luz artificial nos traballos de arquitectura.

    Deste xeito, este reputado bilbaíno, colaborador habitual de arquitectos de sona mundial como Gehry, Calatrava ou Norman Foster, deu unha clase maxistral sobre a materia que el domina, a un auditorio profesional, composto por arquitectos, decoradores, deseñadores e demais executivos do mundo da construcción.

    O obxectivo da iluminación, tal e como a entende Susaeta, é potenciar á arquitectura exterior, ensalzando as súas liñas e beleza do deseño, polo que apuntou que o seu traballo como iluminador e o do arquitecto debe ser conxunto desde o deseño do proxecto.

    Nesta estancia en Galicia, este experto desmentiu que existise diferencia algunha de iluminación entre o norte e o sur penínsular; o único desigual entre estas dúas partes do país é que no sur prefiren tonalidades máis brancas na iluminación dos seus edificios e vivendas, namentres que no norte preferimos tons máis cálidos. Ó final da ponencia, os presentes tiveron a oportunidade de prantexar dúbidas e intercambiar opinións aproveitando a presencia, pouco habitual, de Javier Susaeta, por estes lares.

    Esta importante visita responde a un plan estratéxico da empresa Marmensa, ca que pretenden fomentar a cultura do uso da pedra natural nas construccións de hoxe en día; algo, que segundo o seu director xeral Miguel Méndez, vai a proporcionar un acabado espectacular sen que necesariamente supoña un especial incremento do prezo.

    Redacción Salnés