Con temor ás mafias e ás violacións, así chegaron os 46 refuxiados do autobús de Galucrania

VILAGARCIA> Chega ao Salnés o bus de Galucrania con 46 persoas refuxiadas. A viaxe realizouse como estaba previsto e os ucraínos están xa nas súas casas de acollidas. Segundo comentan dende a organización, os refuxiados explicaron o temor que están a vivir no seu país o medo ao saír por culpa das mafias.

A implicación cidadá na guerra que está a sufrir Ucraína levou á creación de Galucrania, unha plataforma que ten como obxectivo axudar ás vítimas do conflito. Dende Galucrania conseguiron enviar un autobús con materiais de primeira necesidade ao país ucraíno e regresar con persoas refuxiadas.

As persoas refuxiadas xa descansan nos seus novos fogares. Nos próximos días regularizarán a súa situación nas comisarías de policía. Dende Galucrania sinalan o temor que pasaron non só no seu país se non polo medo ás mafias ao fuxir del.

Sergi é un mozo ucraíno que reside en Vilagarcía. Desprazouse ata Polonia co bus de Galucrania para axudar ás persoas refuxiadas. Os relatos que lle contaron os seus compatriotas son aterradores.

A viaxe saíu segundo o previsto, e ademais de recibir aos refuxiados tamén puideron enviar ao país materiais de primeira necesidade. A valoración de Galucrania tras esta primeira viaxe é positiva.

Esta primeira viaxe foi posible grazas á colaboración da cidadanía e de empresas como Fundiciones Rey e Autocares Abalo. Dende Galucrania xa teñen na súa páxina web e nas redes sociais un número de conta e información para quen queira colaborar coa plataforma. A previsión é enviar outro autobús a vindeira semana.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí