![]()
VILANOVA> O alcalde celebrou unha rolda de prensa tralo pleno para deixar claro o seu apoio ó comercio local.
{flowplayer}images/salnes/gonzalo_duran_210510.flv{/flowplayer}
VILANOVA> O Concello de Vilanova asegura que apoia ó comercio local. Nunha reunión que mantiveron onte á noite o goberno municipal indicoulles que lles cederán os terreos que lle quedarán ó Concello na parcela de Desarroyos Vilanova. Serán 1.700 metros cadrados edificables con tódolos servizos cos que contará o centro comercial.
A intención de Vilanova Centro é construír nese terreo unha aldea comercial, similar á que hai na Toxa. O colectivo acordou en reunión apoiar este centro comercial, ó conseguir outros beneficios coa promotora. Un deles será que Desarroyos Vilanova se asociará ó colectivo achegando 500 euros ó mes. Tamén lle dará a opción en primeiro lugar a Vilanova Centro para escoller local no centro comercial cun desconto do 10 por cento.
O alcalde amosou indignado ó remate do pleno desta mañá. Polos votos en contra da oposición pero tamén polos mensaxes remitidos por móbil e internet para convocar unha protesta no Concello. Unha manifestación que finalmente se desconvocou. O alcalde asegura que detrás está o Consorcio de Comercio do Salnés, ó que critica pola oposición a este centro comercial, e por non manter esa mesma postura noutros concellos da comarca.
Redacción Salnés






