Pérez Touriño dedica unha restra de críticas a Mariano Rajoy

    tourino100_010208_copia.jpgPONTEVEDRA > O presidente da Xunta participou na presentación dos candidatos socialistas ó Congreso e ó Senado. 

    {flowplayer}images/salnes/candidatos_psoe.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA > Máis de 200 persoas arrouparon onte en Pontevedra ó presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño e ós candidatos do PSOE ás eleccións do 9 de marzo. Os socialistas non escatimaron en críticas para Mariano Rajoy, Ana Pastor e para a familia popular en xeral.

    No acto participaron destacados líderes locais, como a portavoz socialista no Concello, Teresa Casal, ou o secretario provincial, Modesto Pose, que lles deron o seu apoio ós candidatos ó Congreso Antón Louro e Domingo Tabuyo, e Carmela Silva, que vai na lista do Senado.

    O presidente da Xunta defendeu a labor de Zapatero no goberno, destacando medidas como as leis de dependencia e de paridade. Os socialistas manifestáronse esperanzados en superar os 20.800 votos do 2004 na cidade de Pontevedra.

    Redacción Salnés