LOUSAME> O executivo de Lousame conseguiu sacar adiante en solitario a súa proposta de orzamentos para o 2019, coa abstención de PSOE e BNG. As contas para o vindeiro ano ascenden a tres millón oitocentos quince mil euros, dos cales preto de millón e medio destinaranse a investimentos. A partida máis cuantiosa, preto dun millón de euros, destinarase á pavimentación e mantemento de vías públicas. Destacan os catrocentos cincuenta mil que a Axencia Galgea de Infraestruturas investirá na renovación da capa de rodadura entre Portobravo e Tállara. Outra partidas importante destinaranse ó arranxo do camiño da Gandarela e San Finx cofinanciado entre a Xunat e o concello.
Os orzamentos destinan tamén máis de cento setenta mil euros á renovación do alumeado público e preto de corenta mil á depuradora da Silva en Cruído. Completan o anexo de investimentos outras partidas menores como a mellora de equipamentos dos parques infantís, a substitución de luminarias no campo de fútbol ou a implantación de medidas de aforro enerxético en instalacións municipais.
No referente a servizos destaca o aumento do gasto no servizo de axuda no fogar polo incremento das horas prestadas polo que se consignan máis de douscentos sesenta mil euros. Tamén aumenta a partida para o cento de día ante o incremento de usuarios previsto.
No apartado de ingresos, a recadación por impostos directos medra nun cincuenta e oito por cento, trala revisión catastral que supón un imporante aumento en relación ó IBI urbano e o cobro dos atrasos dos últimos catro anos. con respecto ó imposto sobre bens inmobles o pleno aprobou por unanimidade as nove solicitudes presentadas por veciños sobre a bonificación do noventa e cinco por cento en propiedades nas que se desenvolven exclusivamente actividades agrogandeiras.