O BNG denuncia a falla de mantemento do centro social de Cabo de Cruz

    26

    BOIRO> O BNG de Boiro denuncia as deficiencias que presenta o centro social de Cabo de Cruz, construído durante o mandato do bipartito. Segundo os nacionalistas, a falla de mantemento está a arruinar o inmoble que xa se atopa moi deteriorado. O BNG atribúe as deficiencias que presenta o centro social de Cabo de Cruz ó abandono por parte do goberno local. Na actualidade, o inmoble presenta humidades e numerosas filtracións, especialmente no soto do edificio. Piden que se arranxen estes problemas e se dote de calefacción para promover o seu uso por parte dos veciños. O centro conta cun espazo para acoller o consultorio médico, emprazado actualmente na casa do mar. Sen embargo, aínda non se procedeu ó seu acondicionamento. Insisten dende o BNG que o centro social é só un exemplo máis do desinterese por Cabo de Cruz que ten amosado o executivo ó longo de toda a lexislatura co abandono doutras infraestruturas iniciadas durante o anterior mandato como o porto ou o sistema de depuración da parroquia.