As obras do aparcamento da Praza de España arrancan en marzo

    cesarmosquera100_010208.jpgPONTEVEDRA > O aparcamento soterrado da Praza de España comezará a construírse o vindeiro mes de marzo…

    … Así o comunicou hoxe o edil de Ordenación do Territorio, César Mosquera. Segundo o cronograma de traballo, a infraestructura sería útil dentro de dous anos.

    prazaespana200_010208_001.jpgConcello de Pontevedra e Cintra, a empresa concesionaria das obras do aparcamento da Praza de España concretaron xa os últimos detalles desta obra. Acordouse construílo no seu emprazamento orixinal, debaixo da praza e sen invadir a zona de xardín á entrada da Alameda. O vindeiro mes iniciarase a intervención arqueolóxica e segundo o cronograma elaborado o aparcamento estaría listo nun prazo de 2 anos.

    Unha das novidades do proxecto é a desaparición da actual entrada diante das ruínas de Santo Domingo, na avenida de Montero Ríos. Farase un acceso alternativo parcialmente común co novo estacionamento. Tamén se fará unha conexión peonil entre os dous aparcamentos para solucionar o problema de seguridade do actual.

    Redacción Salnés