Pleno de victoria para o baloncesto do Salnés

baloncesto250_040208_001.jpgSALNÉS > O Extrugasa achégase ós playoff despois de derrotar o sábado ó Arranz Jopisa Burgos (84-73) mentres que o Inelga toma un pouquiño de aire tras impoñerse ó Estudiantes de Lugo (72-62).

{flowplayer}images/salnes/baloncesto_040208.flv{/flowplayer} 

Non foi tan brillante como a do xoves pero unha victoria é unha victoria. O Extrugasa derrotou con certos problemas ó Arranz Jopisa Burgos por 84-73.

As vilagarciáns non saíron á cancha tan centradas como no último encontro ante as israelís e víctimas do cansancio acumulado estiveron á remolque toda a primeira metade.

No segundo acto, Isaac Fernández plantexou unha defensa zonal que desarbolou as ofensivas visitantes e permitíu dárlle-la volta ó encontro no terceiro cuarto. Kiesha Brown e Agne Ciudariene levaron o timón no ataque con 20 e 19 puntos cada unha, e estiveron ben acompañadas por Leslie Ardon, Sara Gómez e Katia Da Silva que anotaron 37 tantos entre as tres.

Tras esta victoria son sextas na táboa e continúan en postos de playoff.

Pola súa banda o Inelga impúxose por 72-62 ó Estudiantes de Lugo, un resultado que non reflicte o sufrimento polo que tivo que pasar o conxunto de Juan Espiñeira. A protagonista do encontro foi a luz. Produxéronse dous apagóns que tiveron que supender durante varios minutos o partido; o segundo deles foi vital para os intereses vilagarciáns. Con 50-53 no electrónico e a falta de seis minutos para o final… foise a luz e fóronselle-las ideas ós lucenses que encaixaron un 22-9 de parcial que permite ó Inelga abrir un colchón de tres victorias co descenso.

Ademais esta xornada déixanos a victoria do Establecimientos Otero ante o Mos Noribérica por 63-52, que permite ós cambadeses continuar no segundo posto da xeral.

Redacción Salnés