O CD Ribadumia festexa as súas vodas de prata

ribadumia250_280610.jpgRIBADUMIA> O Club Deportivo Ribadumia festexou esta fin de semana o seu 50º aniversario. Foi nunha cea celebrada ó carón do campo da Senra, a onde acudiron centos de persoas. Antes de sentarse á mesa, houbo tempo para homenaxear á historia viva do club.

{flowplayer}images/salnes/ribadumia_280610.flv{/flowplayer} 

Foi unha noite de celebración. Baixo a carpa instalada ó carón do campo da Senra, autoridades políticas, directivos, xogadores do pasado e do presente e afeccionados, compartiron mesa e mantel para festexar o 50º aniversario do Club Deportivo Ribadumia. E foi tamén unha noite de homenaxes. Os primeiros en recibir a súa placa conmemorativa foron Ramón Cores Rivas, Modesto Outeda Abal, Basilio Pombo Bemposta e Cándido Feijóo , catro xogadores que representaron ó primeiro equipo federado que tivo o club, alá por 1.960. Tamén recibíu a súa o xogador que marcou o primeiro gol en competición oficial, así como o cura párroco Dositeo Valiñas e José Ramón Serantes, un home adicado en corpo e alma ó Ribadumia. 

As verbas de Salomé Peña e Rafael Louzán deron paso á cena que se prolongou ata ben entrada a madrugada.

Redacción Salnés