Unha saída de liña complica o mundial para o Vilagarcía

platu250_011009.jpgSALNÉS> O barco dos irmáns Paz acadou dous séptimos postos nas dúas primeiras mangas do día, pero na terceira, unha saída de liña con bandeira negra, valeulles unha descalificación.

No Mundial de Platú 25 a de onte non foi unha boa xornada para o Vilagarcía. Disputáronse tres mangas; en dúas delas as cousas non lle foron mal pero na terceira, sí.

O barco dos irmáns Paz rematou séptimo na primeira proba do día e tamén na segunda, na que protagonizaron unha gran remontada. Pero na última manga, unha saída de línea con bandeira negra custáballes unha penalización por parte do comité de regata, tanto a eles como a outros cinco barcos españois con opcións de victoria (Iberdrola, Bribón-Movistar, HST Racing, Xacobeo 2010 Galicia e RECREA) .

Agora o Vilagarcía é trixésimo na xeral pero hoxe farase un descarte, polo que se situarán de novo en cabeza sen non pasa nada raro. O problema é que xa non terán máis marxe de erro se é que queren rematar o campionato entre os primeiros.

Outro barco galego, o Tuypan Caixanova Men, de Alberto García, lidera arestora a clasificación.

Redacción Salnés