O Rasoeiro rompe coa xeira negativa de resultados

balonman250_050208_001.jpgO GROVE > Despois de tres malos resultados o Rasoeiro reencontrouse coa victoria, desta volta a domicilio ante o Explotacións Mineiras do Morrazo ó que doblegou por 22-28.

Tras tres semanas sen coñece-la victoria o Rasoeiro reencontrouse co triunfo no mítico pavillón do Gatañal de Cangas.

Os de Lao Santos cimentaron a súa victoria nun gran traballo defensivo feito durante a segunda metade. A renta final de seis goles fala ás claras das diferencias entre ámbolos dous equipos, que sen embargo non se deixaron ver na primeira metade.

Os cangueses saíron moi acertados en ataque polo que ó Rasu lle foi complicado marcharse no marcador nos primeiros trinta minutos. Así as cousas, ó descanso chegouse cun inquietante 14-14.

Pero era cuestión de tempo a se impuxo á loxica. De novo a defensa e o contraataque axudou ós mecos a rompe-lo partido. Fixérono nos primeiros compases do segundo acto; en 20 minutos os locais tan só foron quen de anotar catro tantos e quedáronse en oito en toda a segunda metade, mentres que os de Lao Santos non baixaron o ritmo goleador. Juanjo e Jaime levaron o peso ofensivo e anotaron entre ambos 18 goles.

Con esta victoria o Rasoeiro mantense na terceira posición, lonxe do segundo clasificado e empatado a puntos co cuarto, o Calvo Xiria.

A próxima xornada voltarán a xogar na casa, no pavillón de Monte da Vila; o conxunto pontevedrés do Cisne Grupo Pirsa rendirá visita.

Redacción Salnés