O Zeleznic supera ó Zalgiris e álzase coa Basket Cup

basketcup250_050410.jpgVILAGARCÍA> Un dos grandes acontecementos deportivos desta Semana Santa foi a disputa da XV Vilagarcía Basket Cup. O recinto feiral de Fexdega volveu a quedarse pequeno ante a masiva resposta do público que viu como o Zeleznic de Belgrado se alzaba co título.

{flowplayer}images/salnes/basketcup_050410.flv{/flowplayer} 

Con todo merecemento, na súa primeira aparición en Vilagarcía, o Zeleznic de Belgrado levouse o título. Foi tras gañar na gran final ó Zalgiris Kaunas por 78-67.

Foi un partido igualado na primeira parte pero que rachouse no terceiro cuarto en favor dos balcánicos que se basearon na súa defensa e na inspiración de dous dos seus xogadores: Vukasovic, autor de 23 puntos, e o ala-pivot Nikola Markovic, elexido posteiormente como MVP do torneo.

No cadro lituano non foi suficiente a aportación dun xogador con experiencia en Euroliga como Janavicius. Foise ata os 29 de valoración, números que quedaron ensombrecidos pola derrota do seu equipo.

O Budivelnik ucraniano completou o cadro de honra tras vencer na final de consolación ó Joventut por 79-60. O Estudiantes foi último tras caer no quinto e sexto posto co Mega Vizura.

A festa foi total nos graderíos, sobre todo na xornada do sábado cando se celbraron os concursos de mates e triples, dominados polos ucranianos.

Dende a liña de 6,25 o mellor foi Olekssi Schepkin, impoñéndose a Ivan Smiljanic, do Zeleznic. No de mates, despois da exhibición da mascota Chicui, o triunfo foi precisamente para o máis baixiño de todos, tamén do Budivelnik, Oleksander Mishula, que encandilou a público e xurado coa súa potencia de salto.

Así pechouse unha edición máis dunha Vilagarcía Basket Cup, que será lembrada pola polémica que lle precedeu e pola gran calidade dos xogadores que pasaron polo parqué de Fexdega.

Redacción Salnés