Pontevedra creará unha Empresa Municipal de Turismo

    louro100_050208.jpgPONTEVEDRA > Os técnicos do Concello traballan na redacción dos estatutos dunha empresa municipal de turismo

    … Así o anunciou hoxe o concelleiro de Promoción Económica Antón Louro tras reunirse coa Cámara de Comercio, a Asociación de Hoteleiros, Aempe e Jóvenes Empresarios.

    louro_turismo200_050208.jpgConcello de Pontevedra e o sector turístico e comercial da cidade constituíron hoxe a Mesa Local polo Turismo. O edil de Promoción Económica Antón Louro comunicoulles que se está a traballar na creación dunha empresa municipal de turismo.

    Esta nova entidade tería colaboración estreita co sector e estaría dirixida e xestionada por profesionais. Traballaría na promoción exterior da cidade e na xestión das infraestructuras turísticas de Pontevedra, caso do Recinto Feiral e do Pazo da Cultura, coas miras postas en ofertar un programa de feiras e congresos moito máis importante.

    Antón Louro toma como exemplos as cidades de Santiago, Gijón e San Sebastián. Concello e sector turístico local están preparando unha xornada de posta en común na que tamén estarán representantes do turismo desas cidades. E ademais hai previsto devolverlles a visita para contrastar con eles o que teñen feito.

    Redacción Salnés