Sanxenxo consegue a vicepresidencia do club “Vilas Mariñeiras”

    alcaldesa100_050208_001.jpgSANXENXO > A actividade promocional na feira madrileña de Fitur serviu tamén para presentar novos proxectos como o denominado Vilas Mariñeiras

    …no que o concello de Sanxenxo acadou un importante cargo dentro do club que compoñen varias cidades doutras comunidades autónomas pertencentes ó norte de España. A alcaldesa, Catalina González aproveitou a súa visita a Fitur para acudir a unha reunión co resto de integrantes do proxecto na que se ratificou a inclusión de catro municipios vascos.

    Unha xuntanza que reuniu a varios alcaldes das cidades que compoñen o club vilas mariñeiras. A presidencia recaeu en Xixón, a vicepresidencia en Sanxenxo e a secretaria en Santoña. Un encontro onde se puxeron en común os obxectivos do proxecto que se centrrá en impulsar o turismo mariñeiro dos pequenos pobos pesqueiros Á

     reunión tamén asistiron os catro municipios vascos que se asociaron á iniciativa. Para alcaldesa de Sanxenxo o club Vilas Mariñeiras marca un fito dentro da actividade turística onde a vila vai ter un protagonismo asegurado

     A alcaldesa tamén afirmou que este proxecto é unha mostra máis de que Sanxenxo márcase como obxectivo un turismo máis alá das nosas fronteiras

    Redacción Salnés