![]()
RIBADUMIA > O Concello de Ribadumia inaugurou esta tarde no comedor escolar do centro Julia Becerra Malvar, a súa escola educativa…
…de ocio e tempo libre. Unha actividade que está destinada a dar conta dos rapaces e rapazas ribadumienses polas tardes, namentres seus pais traballan.
Este acto de inauguración contou ca presencia da alcaldesa, Salomé Peña e a Concelleira de Servicios Sociais que aproveitaron a ocasión para falar con algúns dos trece primeiros rapaces anotados nesta escola; un numero que podería verse ampliado de agora en diante, se ós país lle xurde esta necesidade e se os demandantes cumpren os seguintes requisitos: ter entre catro e catorce anos e ser fillo de pais traballadores e censados en Ribadumia.
Nesta escola os nenos e nenas realizarán diversas actividades lúdico formativas por un prezo mensual simbólico de 30 euros, que podería verse rebaixado, no caso de que acudan varios irmáns.
Con esta actividade, o Concello de Ribadumia completa o seu programa de conciliación da vida familiar e laboral dos proxenitores, logo da implantación anterior do comedor escolar e do plan madrugada, ademais doutras moitas actividades extraescolares.
Redacción Salnés







