Vilanova, Meis e Meaño, únicos bastións do PP no Salnés

    SALNÉS> Normal 0 21 false false false MicrosoftInternetExplorer4

    En Ribadumia, como en Sanxenxo, cumpriuse o guión e o tripartito liderado polo independente David Castro recibía o sábado o bastón de mando da cidade. Outra das cinco alcaldías que o PP perdeu no Salnés e ó que só lle quedan como bastións Vilanova, Meis e Meaño.

     

     

    As sensacións que o Partido Popular experimentou estas municipais no Salnés podían resumirse no acontecido en Ribadumia. Caras longas e sensación de impotencia por ver como un dos seus bastións durante anos caía a mans dun tripartito con dúas formacións que por primeira vez entran na corporación. David Castro, cabeza de lista dos Independentes por Ribadumia despraza a Salomé Peña da alcaldía despois de máis de vinte anos de goberno popular. Un traspaso pacífico, pero non por iso menos amargo. As bágoas da alcaldesa saínte dicíano todo.

     

    Foi un pleno tranquilo, no que a derrota se tratou de asumir con deportividade, e a vitoria coa alegría xa dixerida desde xornadas previas.

     

    Con Ribadumia e Cambados escapábanse dúas das maiorías absolutas que máis doeron ó Partido Popular. No Salnés resiste agora como principal bastión Vilanova, onde o alcalde Gonzalo Durán anunciaba cambios na xestión, tomando nota quizais da mensaxe das urnas. Vilanova seguida por Meaño e Meis.

     

    Con este panorama queda por ver que acontece coa Deputación de Pontevedra, que xa se ve perdida polo Partido Popular; pero tamén coa Mancomunidade do Salnés. O cambio de última hora no goberno de Cambados supón un novo escollo que afasta ós populares do mando do ente comarcal. Quedan dous meses para a súa constitución, tempo no que os nove municipios que a conforman deberán compoñer as novas cores da institución.

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/15/RIBADUMIATRASPASO.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/15/RIBADUMIA_OUTROS_CONCELLOS.mp4{/flowplayer}