Vilagarcía acolle o primeiro curso de perruquería oncolóxica

    VILAGARCIA>Un centro de Spa Urbano de Vilagarcía está a desenvolver desde o pasado mes de xullo un curso de perruquería oncolóxica; …

    {flowplayer}images/salnes/curso_perruqueria_oncoloxica.flv{/flowplayer}

    …un obradoiro subvencionado pola Consellería de Traballo e o Fondo Social Europeo que ven a cubrir esta necesidade formativa na recuperación estética das consecuencias do tratamento do cancro, unha doenza cada día máis extendendida. 

     A idea de realizar este curso xurdiu desta empresa Arrullos del Agua, que quere así axudar a formación de futuros profesionais de perruquería especializados, tanto psicolóxica como laboralmente, na atención a estas persoas. Aseguran que a calidade das perrucas de hoxe en día e o tratamento por expertos como os que van a xurdir deste curso contribuirán, e moito, a facer que os e as doentes que están a someterse a un tratamento contra o cancro poidan mellorar o seu estado anímico. Amais, esta iniciativa tamén pretende ser unha axuda para estas mozas que intentan entrar no mercado laboral. 

     Non só ante casos extremos como pode ser enfrontarse o cancro, senón tamén ante calquera momento baixo, estas perruqueiras recoméndannos mellorar o máis posible o noso aspecto interior para que chegue a reflectirse no noso comportamento.

    Redacción Salnés