‘La fuerza del destino’ chega a Vilagarcía tras o éxito en toda España

    fotomecanocopia.jpgVILAGARCÍA> Este tributo a Mecano fai unha viaxe á década dourada do pop español da man dun dos grupos que máis éxitos colleitou. 

    {flowplayer}images/salnes/PtacFuerzaDestino.flv{/flowplayer}

    Un espectáculo que repasa os grandes éxitos de Mecano, require de pouca presentación. “La fuerza del destino” chega a Vilagarcía despois de dous anos de xira por toda España, para facer un repaso polos grandes éxitos deste grupo.

    Un formato innovador posto en escena por tres cantantes e catro bailaríns, moitos procedentes de proxectos anteriores como o laureado musical de Nacho Cano “Hoy no me puedo levantar”. Non faltarán neste concerto cancións como Cruz de navajas, Hijo de la luna ou Maquillaje entre outras.

    As entradas poden adquirirse a través de servinova ou no teléfono 902 450 500. Tamén se porán á venta no mesmo día a través da billeteira. Os prezos oscilan entre os 17 e os 23 euros dependendo da zona.

    A cita é o sábado 17 de novembro no Auditorio ás nove da noite.

    Redacción Salnés