Volven pedirlle á Xunta que retome o proxecto do viaduto sobre a ría

manifasantiago_100_060208.jpgTAMBRE > Colectivos afectados polo trazado da variante interior de Noia manifestaronse está mañá ás portas da sede da Xunta en Santiago.

{flowplayer}barbanza/manifestacionsantiago.flv{/flowplayer}

TAMBRE > Colectivos afectados polo trazado da variante interior de Noia manifestaronse está mañá ás portas da sede da Xunta en Santiago. Tal é como anunciaran dende a plataforma noiesa contra a variante interior, non teñen a intención de rematar cas mobilizacións ata que os dirixentes galegos atendan, alomenos, a súa petición de estudar o trazado combinado que eles propoñen, que inclue unha ponte sobre a ría e un treito interior dende Sampaio ata Tállara.

Trescentos manifestantes

No día de hoxe, tres autobuses desprázaronse ata a capital galega para criticar a xestión do bipartito e para reclamar que a Conselleira de Política Territorial, María Xosé Caride acceda, dunha vez por todas, a recibilos.

Apoio do PP

Cos veciños da comarca de Noia tamén estivo o parlamentario popular, responsable de infraestruturas, Alejandro Gómez que mostrou o seu rexeitamento a alternativa presentada pola Xunta de Galicia e censurou a actitude da conselleira, que cualificou de “despótica”. Segundo informou o deputado, o grupo popular voltará pedir a comparecencia no Parlamento do director xeral de Obras públicas, Manuel Morato.

Pero non só os veciños de Noia desexan a construcción desta infraestrutura viaria, que viría a mellorar as comuniciacións de todos os concellos da comarca. En Santiago tamén estiveron presentes habitantes de Porto do Son e Lousame esixindo unha pronta solución ao trazado definitivo dunha construcción que leva demasiados anos de atraso.

Redacción Barbanza