Durán anuncia a construcción dun vial alternativo a estrada de Baión

VILANOVA> O alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, anunciou este venres, a creación dun vial alternativo para Baión, mentres que non se mellora a estrada dependente da Deputación de Pontevedra.

O alcalde de Vilanova anunciou a creación dun vial alternativo a estrada de Baión. Durán afirma que decidiron realizalo ante a inacción da Deputación de Pontevedra.

Un vial que percorrerá unha boa parte do Camiño Francés de Baión, que continúa ata Pontearnelas e que terá unha anchura de 6 metros. Parte da rotonda da gasolineira de Pontearnelas e continúa ata a estrada de Vilagarcía Pontevedra, que tal e como afirmou o alcalde, suporá unha mellora na comunicación.

Segundo Durán xa se está traballando no mesmo e espera que este rematado de aquí a 12 meses. O trazado comprendería un percorrido de algo máis de 4 km.