Despedida con humor para a finada da sardiña nos concellos do Salnés

    sardia100_070208.jpgO SALNÉS > Varios concellos do Salnés despediron onte o Entroido co tradicional enterro da Sardiña.

    Un acontecemento que xuntou nas principais rúas das vilas a centos de persoas que non se quixeron perder ese último adeus á finada. Viúvas , curas e humor centraron a despedida da súa sardiña. 

     O enterro da sardiña congregou nos concellos da comarca do Salnés a moitos fieis á tradición que non dubidaron en acompañar ó féretro ata o seu destino final, a queima. En Portonovo foron ducias de persoas as que quixeron despedir á finada cos lamentos tradicionais das viúvas que se escoitaban en toda a vila 

    Despois do velorio no colexio público percorreu as rúas de Portonovo na súa ultima estancia na terra. Antes da queima que se produciu no porto deron lectura ó testamento da finada onde se recolleron tódalas peticións a modo de humor á alcaldesa de Sanxenxo, non ten desperdicio  marítima Finalmente a sardiña foi arroxada ó mar onde se depuraron tódolos seus pecados 

    En Cambados non foron menos, as rúas ficaban atestadas de xente querendo dar o último adeus á sardiña cara a praza de Santo Tomé onde tivo lugar o fatal desenlace da queima. Dende a calzada centos de persoas acompañaron o complexo fúnebre nun desfile de choqueiros e viúvas. A finada ía vestida cas súas mellores galas para a ocasión aínda que tan só durante minutos antes de quedar paxariño. 

     A ocasión estivo amenizada polo grupo Yanko e as bailarinas “Río Samba Show” que conquistaron a todos co seu espectáculo. ó final do enterro ofreceuse no Pazo do Torrado unha gran chocolatada e doces típicos do Entroido. Aínda que ninguén podía esquecerse da boa da sardiña.

    Redacción Salnés