Cea estreará rede de abastecemento de augas esta semana

    abastecementoaugascea_100.jpgVILAGARCÍA > Para este venres está previsto que rematen as obras de ampliación da rede de abastecemento de augas da parroquia vilagarciá de Cea. Os traballos …

    …. iniciáronse hai catro meses, e contaron cun orzamento de 98.000 euros. Agora só quedan uns pequenos tramos pendentes, que visitaron esta mañá os membros do executivo local do Concello, onde subliñaron que con esta actuación, dan un paso no seu obxectivo de dotar dos servizos básicos á totalidade da poboación do municipio.

    Xunto á instalación da traída da auga potable, tamén se levaron a cabo traballos de asfalto, de banda á banda, nas estradas que se viron afectadas polas obras. Cerca cun centenar de vivendas e aproximadamente uns 300 veciños de Cea poderán contar agora con este servizo municipal, que, porén, aínda non chegará a aquelas zonas máis illadas e dispersas da parroquia.

    A estrada de Rubiáns, entre o tramo que vai do Hospital do Salnés ata o límite do municipio con Vilanova, é agora o próximo lugar onde o Concello vai continuar coa dotación dos servizos de saneamento e extensión da rede de augas. Setembro é o mes no que calculan que comecen os traballos, pendentes da autorización de Carreteras do Estado.

    Redacción Salnés