Xóvenes de Vilagarcía fórmanse como monitor medioambiental

    cursomedioambiente_100_010807__still_002.jpgVILAGARCÍA > Arredor dunha ducia de xóvenes comezaron hoxe un curso de monitor medioambiental

    … que lles servirá para formarse como futuros expertos en temas relacionados coa natureza.

    Ó longo de case dous meses traballarán en diversos aspectos relacionados co medio ambiente dende un punto de vista teórico e práctico. O curso comezou esta mañá no Auditorio de Vilagarcía. Ana Lorenzo, a concelleira de Mocidade e Solidariedade, departamento que organiza a actividade, foi a encargada de inaugurala facendo fincapé nas saídas que pode ter esta formación. O curso terá un parte teórica e outra práctica, na que se inclúen saídas ó Lérez, á aula da natureza de Cotorredondo, ós bancos marisqueiros de Cambados é ó Centro de Interpretación da Natureza de Siradella.

    Pero tamén inclúe varios obradoiros impartidos por especialistas, como recordou Luis Ángel Gómez, monitor do curso. Entre eles impartiranse obradoiros de reciclado, cerámica ou cosmética natural. A actividade, para a que aínda hai prazas, é gratuíta e inscríbese no programa da Mostra do Voluntariado que este ano cambiará para converterse na Festa da Solidariedade que se celebrará o 28 de agosto e que incluirá, ademais da propia mostra, outras actividades.

    Redacción Salnés