Veciños de Monteporreiro opóñense ó realoxo das familias do Vao

    vecios_montep_100.jpgPONTEVEDRA > Os veciños da localidade pontevedresa de Monteporreiro convocaron esta tarde unha reunión para manifestar publicamente…

    PONTEVEDRA > Os veciños da localidade pontevedresa de Monteporreiro convocaron esta tarde unha reunión para manifestar publicamente o seu rexeitamento ó realoxo, nesta localidade, de tres familias procedentes da barriada do Vao, dúas delas na rúa Portugal e outras dúas nesta rúa de Alemaña. A súa postura é a de evitar de calquera xeito que este colectivo de etnia xitana se asente preto das súas vivendas.

    Ademais, estes veciños reiteran que este non é un tema de racismo, posto que eles xa levan máis dunha década convivindo con máis dun cento de familias de etnia xitana e xa acadaron unha convivencia civilizada entre eles. O problema reside en que as familias que van a vivir aquí se dedican á venda de drogas, tal e como lles deixou entrever o propio alcalde de Poio; no transcurso dunha xuntanza que mantiveron esta mañá.

    Os de Monteporreiro aseguran que dada a vinculación ó mundo das drogas que teñen estas familias, a partir de agora este vai a deixar de ser un barrio tranquilo para converterse nun barrio conflictivo e marxinal. E os culpables desta situación, segundo eles, serán a administración galega por non saber afrontar o problema; actuar con escurantismo, e mesmo por pasar por riba da lei para propiciar a súa residencia neste lugar.

    O vindeiro luns, estes veciños reuniranse en asemblea para acordar as mobilizacións e medidas de presión que van a adoptar para evitar que estas tres familias, posiblemente catro en breve, se instalen neste barrio pontevedrés.

    Reaccións na rúa

    Namentres se celebraba esta rolda de prensa os ánimos na rúa axitábanse máis a cada paso. Os veciños, pancarta en man, mobilizáronse diante do edificio onde van a residir dúas destas familias, que segundo as súas propias investigacións, son unhas das peores de cantas residían no VAO. Mesmo unha destas veciñas asegurou que hoxe mesmo fora testemuña dunha venda de droga preto de aquí, algo que nunca antes viran a luz do día.

    Redacción Salnés