Os traballadores de Ankarr non cren a versión da Familia Carracedo

    VILAGARCIA> Os traballadores da empresa Ankarr e a CIG veñen de reaccionar ante o comunicado de prensa que ven de emitir a familia Carracedo

    {flowplayer}images/salnes/valoracion_sentencia_ankarr.flv{/flowplayer}

    … sobre a venda da empresa. Para os empregados, arestora inmersos nun ERE extitintivo que está a punto de esgotarse, a actuación da venda da confeitería so era unha artimaña para desfacerse da plantilla.

    Os asalariados de Ankarr aseguran que foron enganados tanto polos antigos propietarios como a dirección actual de Novo Ankarr; polo que eles son realmente as víctimas nesta negociación. A CIG lembra que no contrato de compra-venda hai unha cláusula pola que, se unha das partes incumpría o acordo, podería disolverse nos primeiros dous meses.

    Entenden que este comunicado dos heredeiros de Ankarr non é máis que un intento de lavado de cara de cara o vindeiro xuízo, polo que pensan seguir adiante cas denuncias.

    O xuízo de Ankarr terá lugar o vindeiro 22 de maio, nos Xulgados do Social de Pontevedra.

    Redacción Salnés