Rianxo habilitará unha segunda partida orzamentaria para complementar o PEL Reactiva

RIANXO> Un total de 126 empresas de Rianxo presentaron solicitudes para as axudas do Plan Reactiva, cofinanciado pola Deputación da Coruña e o concello de Rianxo. A intención do executivo é habilitar unha segunda partida orzamentaria para complementar o plan e chegar así ó maior número de pemes.

O PEL Reactiva Rianxo está dotado con 163 mil euros, dos cales a Deputación da Coruña achega 138 mil e a o concello os 33 mil restantes. Unha contía insuficiente para dar cobertura ás 126 solicitudes presentadas polo que o concello habilitará unha nova partida como complemento á inicial.

Polo momento, as axudas aínda non se fixeron efectivas posto que os servizos técnicos están a avaliar tódalas solicitudes presentadas. O obxectivo é chegar ó maior número de empresas e coa maior contía posible.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí