O Concello de Poio dá explicacións sobre o realoxo das familias do Vao

    rp_sobral_100.jpgPOIO > Representantes do Concello de Poio, co seu alcalde, Luciano Sobral á cabeza, ofreceron esta mañá unha rolda de prensa para informar…

    POIO > Representantes do Concello de Poio, co seu alcalde, Luciano Sobral á cabeza, ofreceron esta mañá unha rolda de prensa para informar do realoxo das familias xitanas procedentes da barriada do VAO. Desde este concello defenden que responde a un plan de reintegración de colectivos marxinais, que contan co apoio económico da Xunta de Galicia.

    En total son algo máis de 30 as persoas as que se van a reubicar en tres vivendas Monteporreiro, dúas en Pontecaldelas e unha en Poio; que ven de adquirir o Concello de Poio, que é quen llelas arrenda. As familias en realoxo residiran nestas vivendas durante dous anos pagando un aluguer mensual de entre 50 e 60 euros. O cabo deste tempo de aluguer, só lles quedará a posibilidade de mercar a vivenda para seguir residindo nela; para o cal só terán que abonar o 20 % do seu custe. 

    rp_sobral_200.jpg

    Esta iniciativa do Concello conta co apoio económico da Xunta de Galicia, por medio dun programa de realoxo de chabolismo, que xa existe dende o 1989. O obxectivo é procurar a integración deste colectivo marxinal que leva máis de cinco anos vivindo en condicións inhumanas.

    Ademais, segundo garantiu o alcalde, os servicios sociais de Poio e o secretariado xitano, van a facer un cumprido seguimento destas familias, para garantir que se integran no entorno. Antes as críticas dos colectivos veciñais residentes nos núcleos onde van a residir ditas familias, o alcalde recoñeceu que hai certa preocupación malia que sinalou que só cabe agardar ós acontecementos.

    Mentrestanto, no Concello de Poio, os veciños do barrio de Boavista, onde se vai a instalar outra das familias, xa se levantaron en pé de guerra contra o Alcalde, Luciano Sobral ó que cualificaron de senvergonza. Como medida de presión, anunciaron que ían a deixar de pagar as mensualidades da vivenda na que residen, en protesta polo agravio comparativo que supón para eles que os xitanos non paguen.

    Redacción Salnés