RIANXO> Mal inicio da campaña da vieira en Rianxo sen apenas recurso na ría. Ta só unha decena de embarcacións saíron nesta primeira xornada na que os quilos capturas nin se achegaron ó tope de capturas, establecido en 35 quilos por tripulante.
As expectativas xa non eran moi optimistas pero esta primeira xornada da campaña da vieira confirmou o peor dos escenarios. Non hai apenas recurso polo que acadar os topes, fixados en 35 quilos por tripulante, foi misión imposible.
A diferenza do pasado ano no que se estableceu un plan único para Rianxo e Cambados, nesta campaña a confraría rianxeira conta cunha empresa para o eviscerado e posterior cancelacións.
A pesar do prezo establecido de 6’25 euros por quilo, a escaseza de recurso non fai rendible a actividade polo que algunhas embarcacións poderían optar por cambiar ó bou de vara, onde as capturas de volandeira deixan maiores ingresos.











