BOIRO> O Partido Popular de Boiro denuncia que as obras de conexión entre o paseo do Río Breiro e Exipto quedaron inacabadas por mor da mala xestión do executivo municipal. O sendeiro queda interrompido no lugar de Berres ó chegar a unha finca privada cuxa afectación non se negociou co propietario.
Denuncian os populares que a perda destes fondos acaba repercutindo no peto de tódolos boirenses posto que acusan o goberno de compensalas mediante a suba de impostos municipais.
Dende o PP entenden que antes de aprobar o proxecto e concorrer a axudas públicas debería terse negociados cos propietarios de terreos afectados para garantir a súa correcta execución.











