Xunta e concello achegan posturas para consensuar as modificacións do PXOM

    urbanismopobra_100_070208.jpgPOBRA > O executivo confía en chegar a entendemento con Política Territorial e evitar así que varios núcleos rurais queden incluídos na franxa de Costas.

    O alcalde da Pobra, Isaac Maceiras, calificou de moi positivo o encontro mantido co Director Xeral de Urbanismo, Ramón Lueje, e no que tamén participaron o arquitecto redactor das normas, José Cebrián, o edil de Obras, Xosé Manuel Castro, e o técnico municipal, Marcos Rey.

    Segundo o rexedor pobrés existe boa vontade para chegar a un entendemento e evitar así a clasificación destes lugares como de solo rústico de protección de costas, pois existen probas evidentes de que estas zonas da Ribeiriña, A Angustia, A Mercé, Lomba, Ponte e Vilariño eran xa núcleos urbanos consolidados antes da entrada en vigor da lei de Costas.

    Documentación

    O alcalde informou ademais que o equipo redactor do actual PXOM, xunto cos técnicos municipais están recompilando toda a documentación necesaria para presentarlla novamente o vindeiro luns á Dirección Xeral de Urbanismo.

    Contencioso administrativo

    De chegarse a un acordo o concello retiraría o contencioso administrativo presentado por este asunto contra Urbanismo, ó entender que estes núcleos nas normas subsidiarias do ano 1984 non figuraban dentro da zona de dominio marítimo terrestre.

    {flowplayer}barbanza/urbanismopobra.flv{/flowplayer}

    Redacción Barbanza